Testemuños Etnolóxicos

Testemuños Etnolóxicos

 

Castros

Os Castros pertencen ó período Prerromano e chegaron a perdurar ata a Idade Media, constituíndo cidades fortificadas e cuxa presenza predomina na zona nordés da Península Ibérica. Estes poboados de estrutura circular, albergaban no seu interior casas de muros redondos, e cubertas de palla, sen ter unha organización construtiva e uns materiais de construción compostos basicamente por pedra.

As zonas predilectas para a construción destes eran as elevacións, dende as cales tiñan o control da zona, e ó mesmo tempo a súa estrutura defensiva con muros altos de pedra e o foso exterior, facilitaban a defensa fronte a ataques veciños. Tiñan unha única entrada para controlar o acceso, así coma a defensa posto que unha soa entrada era máis fácil para a defensa.

En Dozón contamos con varios exemplos de castros, sendo dos máis destacados o de San Breixo nas Maceiras e o da Iglesia do Sixto. Se ben en ámbolos dous casos non se manteñen restos visibles, son facilmente recoñecibles na súa posición no territorio posto que se observan no elevado do territorio e se mantén nestes 2 casos a posición do foso. Temos tamén o Castro de Dozón, preto da actual Igrexa e que foi excavado e volto a cubrir co fin de preservalo.

Do mesmo xeito, estes castros foron aproveitados na Idade Media para outras construcións, destruídos en moitos casos para empregar os materiais coma pedra en novas edificacións, o seu emprazamento foi empregado para construír Igrexas, co fin de cristianizar o territorio fronte os ritos pagáns castrexos. No Castro de San Breixo, temos o caso concreto do muro en parapeto do recinto da Igrexa, o cal vese claramente que está feito con pedras transportadas do mesmo Castro sobre o que se asenta.

 Estado actual do Castro de San Breixo

Cruceiros

Este monumento relixioso é o tema central dunha obra de Castelao, “As cruces de pedra na Galicia”, e como o mesmo título indica o seu predominio no noso territorio é notoria. A súa tipoloxía construtiva comparte na meirande parte dos casos os elementos máis básicos, podendo atoparnos algúns máis ornamentados ca outros: están constituídos por unha cruz sobre un piar. O material empregado é a pedra, asentándose nun piar con un ou máis chanzos, estando no último a inscrición conmemorativa. O fuste da columna pode ser de varias formas, con ornamentación ou liso, sendo cilíndrico ou presentando varias caras.  O capitel polo xeral presenta decoración, mentres que a cruz soe presentar un cristo diante, e unha imaxe do santoral na parte traseira.  

O simbolismo dos cruceiros é relixioso, posto que se trata de que santifiquen un lugar, polo que normalmente aparecen nunha encrucillada, co fin de guiar e amparar, santificando lugares pagáns e remarcando o cristianismo, claro símbolo da Contrarreforma. A súa simboloxía mesma, como dixemos é relixiosa, pero enmárcase no camiño das supersticións cristiás, posto que se construían como devotos por xente que facía unha ofrenda, así coma agradecemento por un don recibido, penitencias, e mesmo para remarcar un feito, lendas, feitos históricos ou sucesos fatídicos. Tamén constituían un medio de protección para as colleitas e gando, guías de comerciantes, de camiños de peregrinaxe e romarías. O seu uso tamén servía para delimitar lindes, tanto de vilas coma de concellos, así coma de terreos de pazos e casas grandes. Polo seu destacado significado supersticioso, eran o lugar de numerosas ofrendas para distintas enfermidades, así coma para meigallos, mesmo se repartían herdanzas ó seu carón e se rezaban responsos alí camiño dun enterro.

Sanguiñedo

Iglesia-Sixto

San Breixo

Iglesia-Sixto (Novo)

Muíños

Estas construcións presentes dende a Antigüidade, buscan a auga como forza motor do seu funcionamento, posto que aproveitan os cursos dos ríos para mover a súa maquinaria e lograr o fin desexado, sendo na meirande parte dos casos que nos ocupan, moer o gran para conseguir fariña.

Dozón

Bidueiros