Saa

Saa

A parroquia de Santiago de Saa, está composta polos lugares de A Lama, Amedo, Moi, A Parte e Saa. Xeograficamente, é unha das Parroquias que conta con máis vales e arboredas, a pesares da súa altitude elevada. A Igrexa parroquial atópase no lugar de Saa, e pertence ó barroco, así como o resaltan os pináculos que porta nos contrafortes das súas esquinas, contando tamén cun reloxo de sol no seu exterior.