O Sixto

Sixto

A Parroquia de San Xoán do Sixto é a de maior extensión do Concello, así como a que conta con maior poboación, a cal está repartida nos lugares de Reboredo, Requeixo, Quella, Eirexe, Paredes, Pidre, Corredoira, Barrio, Sestos e Pereirón. Enmarcada nun val, atópase rodeada por montes coma o da Rocha ou o Alto do Santo Domingo, facendo que predominen as pradarías. Se ben non podemos falar de ríos dun cadal abundante, sí que temos que destacar o Río Deza no seu paso por Sestos, posto que durante a Tempada de Pesca, ó longo dos anos conta cunha destacada afluencia dos amantes deste deporte que acoden a pescar as troitas.

O patrimonio artístico tamén é destacado, posto que a Igrexa parroquial garda nos seus muros o mellor conxunto pictórico do Renacemento Galego segundo os expertos, pinturas datadas no 1522 amosan escenas do “Vía Crucis” de Cristo, retratando tamén os Reis Carlos e Isabel, e que cobren os muros laterais do edificio. A Igrexa atópase no lugar do mesmo nome, erixíndose sobre o característico atrio, posto que se atopa nun entorno coidado e conta cunha praza completamente equipada. A escasos metros da Igrexa, podemos aprezar no relevo do terreo a existencia dun Castro, situado xusto debaixo dunha construción gandeira, dálle nome á zona na que se asenta, sendo centro de numerosas lendas sobre os “mouros”, contan os veciños que baixo o terreo hai numerosos restos, os cales coma pedras queimadas e artefactos de pedra tiñan saído a superficie tralas labores de labranza coa maquinaria agrícola, e que no imaxinario popular falan de labirintos baixo a terra onde estarían aínda numerosos vestixios arqueolóxicos.