Dozón

Dozón

A Parroquia de Santa María de Dozón é a que lle da nome ó noso Concello, un nome que provén da Idade Media, e que territorialmente se distribúe nos lugares de Dozón, Nogueiras, Covelos, Diz, Cardelle, Carballo, Enveande, Mosteiro, Piñeiro, Quintá, Rebordecovo, Riazó. Esta parroquia é a máis accidentada xeograficamente, contando co punto máis elevado do Concello, a Pena de Francia, que se eleva por riba do mar 914 metros. Xeograficamente, é unha das parroquias máis accidentadas, posto que conta con numerosas zonas elevadas e montes, o que fai que a maioría dos seus lugares se encontren asentados en zonas encostadas.

Temos que destacar que conta cun dos monumentos máis representativos do noso Concello, o Mosteiro de San Pedro de Vilanova, do S.XII nos seus comezos era un mosteiro feminino bieito do que hoxe só se conserva a igrexa románica case sen engadidos ou modificacións. Moitas das casas do lugar están feitas cas pedras do entonces mosteiro, o cal foi abandonado ca desamortización do 1835, e nestas podemos observar escudos do Mosteiro. Conta coa Igrexa parroquial de Santa María de Dozón, orixinariamente románica, feito que aprezamos nas arquivoltas da súa portada, o resto da fachada é románica, o cal observamos no seu campanario; temos que dicir que os seus muros interiores están cubertos de pinturas renacentistas, cuxa autoría se atribúe o mesmo autor das da Igrexa do Sisto. Por último, temos que destacar a Romaría da Pena de Francia, onde se venera á Virxe do mesmo nome e que se celebra o primeiro fin de semana de setembro, cunha misa e procesión, para despois xantar na carballeira ó pé do Santuario, sendo unha das Romarías máis senlleiras da contorna.