Consellos Prácticos
Unha das cuestións que máis poden preocupar é a Sinalización, temos que dicir que as Etapas que transcorren polo noso Concello atópanse perfectamente sinalizadas, tanto por unha sinal de pedra, que marca o paso de cada 500 metros, e tamén as famosas frechas amarelas, pintadas indicando a dirección. No noso caso, tamén temos os sendeiros marcados expresamente para aqueles que fan o seu percorrido a cabalo, e que sinalan as direccións a seguir.
No noso Concello, existen varios establecementos onde o peregrino pode selar a súa credencial, tanto nos locais comerciais que se atopan no Castro, así coma nas instalacións municipais do Albergue e o Concello, e temos que dicir que na Igrexa parroquial de San Salvador de A O, no núcleo do Castro, tamén o párroco sela as credenciais.
Cada peregrino debe portar a Credencial, posto que indentifica á persoa e permítelle o acceso ós locais vinculados ó Camiño, así como acredita o percorrido realizado. Unha vez rematado o Camiño, as autoridades conceden a Compostelana pola que se acredita a realización do percorrido, a Compostelana nace das conchas de vieiras que se empregaban para acreditar a realización do Camiño, e posto que estas eran sinxelas de falsificar naceu o seu formato en papel e selado. Do mesmo xeito, tamén se limitaron os requisitos para obtela, posto que o Camiño só se podía realizar a pé, bicicleta ou cabalo, sendo a distancia mínima a percorrer de 100 Quilómetros a pé e cabalo, e de 200 Quilómetros para os que o fan en bicicleta. Para aqueles que falecen no transcurso do seu percorrido, as súas familias poden solicitar tamén na Oficina do Peregrino a Compostelana “In Memoriam”.