
As Maceiras
A Parroquia de San Remixio das Maceiras é a de menor extensión de todo o Concello, sendo a que conta con menor poboación, que se reparte nos lugares de As Maceiras, Parada e A Carballeira. Xeograficamente, podemos dicir que é a máis accidentada, onde destacan os seus montes, posto que enlaza co Alto de Santo Domingo, dominando o monte raso.
O feito de que a paisaxe estea dominada polos Montes, fai que poidamos marabillarnos ca Igrexa Parroquial de San Breixo, case escondida, atópase afastada dos lugares de poboación, e rodeada de bosques, nunha elevación no medio dunha carballeira. A Igrexa destaca pola súa mesma situación, posto que se atopa nunha elevación circular, concretamente sobre o Castro de San Breixo, podendo observar os restos dos muros do castro, así como o foxo que este tiña e rodea hoxe a elevación na que se sitúa a súa Igrexa.