Albergue de Peregrinos

Albergue de Peregrinos

“Todo el mundo debe recibir con caridad y respeto a los peregrinos, ricos o pobres, que vuelven o se dirigen al solar de Santiago, pues todo el que los reciba y hospede con esmero, tendrá como huésped, no sólo a Santiago, sino también al mismo Señor (…)”

Aymeric Pinaud, Codex Calixtinus

O Noso Albergue Municipal eríxese nun lugar privilexiado, posto que se beneficia da tranquilidade da súa localización, dominada polo desfrute da paisaxe e a natureza ó atoparse nunha zona eminentemente rural, pero conta co engadido da súa ubicación nas inmediacións do núcleo urbán do Castro, o que provoca o fácil acceso a calquer necesidade a satisfacer na Vila nun intervalo de 3 minutos camiñando. Como vimos dicindo, a ubicación desta construcción totalmente equipada é excelente, xa que se levanta no Complexo de Ocio do Concello, xunto ás Piscinas, das que no verán os nosos visitantes poden desfrutar, así como do Campo de Fútbol.

No Albergue poden contar con numerosos servizos que pretenden facer o Camiño máis fácil, ó mesmo tempo que proporcionar un clima acolledor ó peregrino: conta con calefacción en tódalas estancias, baños e duchas con auga quente, cociña e comedor totalmente equipados, enchufes e conexión Wi-Fi gratuíta, lavadeiro exterior e espazo pechado para gardar as bicicletas. Calquer necesidade pode ser satisfeita no Castro, posto que contamos con servizos que proporcionan calquer cousa que se necesite na saúde e hixiene dos camiñantes, posto que aquí se atopa a farmacia e o Centro Médico, a 300 metros do Albergue. Percorrido similar atoparán no caso de que necesiten facer compras nos supermercados, así como pasar un momento de ocio, mesmo comer nos bares e restaurantes da nosa localidade, nos cales hai conexión Wi-Fi gratuíta, así coma na Praza da Vila.

O prezo por persoa é de 6 euros en calquera das 45 prazas de literas; así coma 10 euros por persoa no caso de que decidan desfrutar das 2 habitacións dobres ou da habitación individual. Tódalas prazas ou camas contan con total equipamento, o cal está composto polo kit de sábana baixeira e funda de almofada desbotables, así coma mantas, existindo a posibilidade de conseguir toallas por un prezo de 2 euros. O horario de apertura é das 11:00 horas, até as 22:00 tódolos días do ano, tendo que matizar que se pode saír e entrar despois do horario de peche, unha vez que están rexistrados.

Para desfrutar das nosas instalacións teñen que acreditar a condición de peregrino no momento da súa chegada. Poden facer a reserva anticipada cumprimentando este formulario, por correo electrónico ou na páxina web do mesmo albergue Páxina Web do Albergue.