Vilarello

Vilarello

A parroquia de Santo André de Vilarello áchase repartida nos lugares de A Lagoa e Vilarello. O nome desta parroquia provén do termo "Vilar", cuxo significado é agrupación de casas, e que provén do latín villa-villae (casa). Xeograficamente, asentada nunha das ladeiras do Monte da Rocha, confírelle un terreo elevado, dominado polos bosques, o que outorga espazos naturais para o lecer. A Igrexa parroquial atópase no lugar de Vilarello, pertencendo ó barroco como o demostran os pináculos no seu campanario.