Praia Fluvial de Sanguiñedo

Praia Fluvial de Sanguiñedo

Ó carón da estrada N-525, desviándonos cara Sanguiñedo podemos chegar tras quilómetro e medio á Praia Fluvial deste Concello, a cal durante anos é un espazo destacado do lecer na época estival para toda a Contorna. Coidada e nun entorno envexable, o seu deseño que emprega a modo de piscina, contendo a auga, fai que sexa un lugar seguro para os máis cativos. Por outra banda, o entorno arbolado e con mesas de pedra e parrillas fai que sexa un lugar agradable para pasar o día en familia, sendo así lugar escollido por moitos. Temos que destacar a existencia de servizos construídos no mesmo lugar, así coma un bar onde poden desfrutar dun aperitivo.