Plan de Acción polo Clima

PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE (PACES)
DO CONCELLO DE DOZÓN
Plan de acción polo clima
Introducción

Esta páxina ten como obxecto dar conta do investimento realizado e dos resultados obtidos na realización do Plan de acción polo clima e a enerxía sostible de Dozón, conforme ao art. 19.3 da ORDE do 26 de enero de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, co-financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2021, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT210A) do Concello de Dozón.

 

Denominación e breve descrición das actuacións desenvolvidas para a realización do PACES do Concello de Dozón

A actuación consistiu en elaborar, aprobar e presentar na Plataforma do Pacto das Alcaldías do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) Concello de Dozón.

Consistiu nas seguintes tarefas, realizadas conforme a metodoloxía e os contidos descritos na memoria da realización do PACES coa que se solicitou a axuda:

  • Redacción dun resume executivo do plan, segundo o apartado Estratexia do modelo PACES.
  • Decisión sobre o ano de referencia a empregar para realizar o Inventario de Emisións, escollendo o ano 2016.
  • Recompilación de datos (municipais, estatísticos, privados...) para Inventario de Emisións de Referencia e información detallada das medidas de mitigación xa postas en marcha e programadas por esta administración ata o ano 2021.
  • Realización do Inventario de Emisións de Referencia, segundo modelo PACES, para o ano 2016.
    Proposta de Medidas de Mitigación para acadar, no 2030, a redución dun 40% do total de emisións recollidas no Inventario de Emisións de Referencia, incluíndo 3 Modelos de Excelencia.
  • Realización do Cuestionario de Adaptación segundo modelo PACES e introdución dos seus resultados na plataforma web de Covenant of Mayors.
  • Redacción da Avaliación de Riscos e Vulnerabilidades fronte ao cambio climático, segundo modelo PACES, incluíndo indicadores de seguimento.
  • Redacción do Plan de Adaptación, segundo modelo PACES, incluíndo indicadores de seguimento.
  • Introdución do PACES na plataforma de Covenant of Mayors, con todos os seus apartados.
  • Redacción dun Documento técnico que reflictiu a información incluída no modelo PACES, que serviu para sustentar a súa aprobación plenaria e o traballo futuro do concello para o cumprimento dos seus compromisos ata 2030.
  • Comunicación do acordo de aprobación do Plan de Acción Polo Clima e a Enerxía Sostible do Concello de Dozón á plataforma Covenant of Mayors.
Cronograma das actuacións realizadas

 

Cronograma