Etapas

Etapas

Dozón conta con 2 Etapas da Vía da Prata, posto que é o final da 7ª Etapa, que ven dende Cea, e constitúe o inicio da 8ª Etapa que remata na Bandeira. Ó longo do percorrido destas Etapas, podemos desfrutar da paisaxe montañosa, do Rural vivo que se manifesta tanto nas xentes coma nos espazos verdes habitados polos animais.

7ª Etapa: Cea-Dozón

A lonxitude desta Etapa que comeza no Albergue de Cea, é de 19 km cunha dificultade baixa, e que conta cun interese especial tanto paisaxístico coma artístico, destacando que é transitable en calquer época do ano, cunha afluencia destacable.

Tras abandoar a Provincia de Ourense e de poder desfrutar do veciño Mosteiro de Oseira, comezamos a nosa Etapa en Dozón, tras cruzar o “Rego de Amedi” e pasar 20 km, entrando así na Gouxa. A Gouxa é un lugar da Parroquia de Bidueiros, que mantén unha das tradicións máis lonxevas do noso Concello, a súa Feira os días 18 e 23 de cada mes, e que históricamente tivo unha ampla repercusión, como manifestan as construcción de séculos pasadas típicas destas tradicións etnográficas, os Pendellos.

Na saída da Gouxa, pasamos 500 metros onde cruzamos á dereita, dirixíndonos ó lugar de Bidueiros, onde podemos observar unha fonte e lavadeiro cuberto, no cal podemos observar unha das características frechas amarelas que indican o Camiño de Santiago, xirando á dereita, continuando por un camiño agradable. Pasando 200 metros xiramos á esquerda e no seguinte cruce tamén, seguindo a frecha amarela.

Saímos xa á estrada N-525, camiñando polo arcén desta, ata que nos atopamos con outra frecha que nos indica que debemos seguir pola carretera vella, alternando os espazos naturais ca estrada ata que chegamos ó Castro.

Unha vez que entramos no Castro, capital municipal, xa podemos descansar e desfrutar tanto do Albergue que se atopa na saída do Pobo cara Lalín, así coma ter un tempo de lecer no Complexo das Piscinas ou na Praza, podendo facer unha parada nos establecementos comerciais do lugar, onde poden atopar calquer cousa que precisen; así coma a Farmacia, importante para obter calquer remedio que facilite o difícil do Camiño, especialmente no que se refire ó dano causado nos pés e extremidades inferiores.

Aquí podemos continuar e facer unha parada para observar o Mosteiro de San Pedro de Vilanova, do S.XII e que en palabras de Pérez Rodríguez, membro do Consello da Cultura Galega, “constitúe un dos máis fermosos exemplos do Románico Galego”. No mesmo lugar do Castro, temos a Igrexa de La O que podemos visitar e mesmo selar a Compostelana, así como contemplar raras esculturas que conserva no seu exterior e un reloxo de sol que adorna a fachada.

7ª Etapa: Cea – O Castro

8ª Etapa: Dozón-Silleda

O inicio desta penúltima Etapa antes de chegar a Santiago é no Albergue de Dozón, tendo unha lonxitude de 35,1 km, e cunha dificultade media, conta cun interese paisaxístico e pode transitarse coma a anterior, en calquera época do ano.

A saída comeza pasando a Igrexa de Nosa Señora da O, subindo un camiño que vai paralelo á estrada nacional. Chegamos ó Polígono, percorréndoo, e chegando a un tramo encostado onde xa saímos outra vez á estrada N-525. Continuamos o noso percorrido pola estrada chegando ó Alto do Santo Domingo, onde podemos observar a Ermida de Santo Domingo, a cal amosa na súa portada o escudo do Mosteiro de Oseira, poñendo de relevo a relación que se mantivo durante séculos. Aquí continuamos ata un desvío na marxe esquerda da estrada, indicado polas frechas, onde apartamos xa cara Puxallos, entrando así no Concello de Lalín, e chegando tralo paso por este ó Concello de Silleda onde remata dita Etapa.

8ª Etapa: O Castro – Silleda