O Concello

CONCELLO

Dozón enmárcase no interior da Provincia de Pontevedra, cunha extensión de 74,2 km cadrados, e podemos atopalo nas coordenadas 42º35´43´´N  8º02´48´´O. Somos un Concello do interior galego, moi preto do que poderiamos chamar Km 0 de Galicia, contamos cunha rede de estradas ben artillada, que posibilita unhas comunicacións rápidas con calquera punto da xeografía galega, tanto por estradas provinciais ou autonómicas, destacando así mesmo o paso da AP-53, a Autopista Central de Galicia, a cal atravesa o noso Concello; neste senso, as boas comunicacións coas que contamos facilitan que nun intervalo de tempo curto (30 minutos-2 horas), poidamos chegar a calquera das principais cidades de Galicia. O Concello de Dozón atópase no interior da Provincia de Pontevedra, no sur da Comarca do Deza, tendo como veciños ó norte e leste ó Concello de Lalín, e ó este ó Concello de Rodeiro; Toda a franxa sur linda coa Provincia de Ourense, concretamente cos Concellos de O Irixo e Piñor.